GREGORIO DE ARCA, VECINO DE SAN PEDRO DE QUINTILLÁN, ARRENDATARIO DE LAS RENTAS DE SINECURA DE SAN MARTÍN DE FORCAREY Y DE LAS RENTAS DEL VOTO EN LA JURISDICCIÓN DE TABEIRÓS, CON JUAN DE EIRAS, CERERO, SOBRE AJUSTE DE CUENTAS.
Tradicionalmente, sinálase como data de creación oficial do Tribunal o 3 de agosto de 1480; pero, en realidade, o que podemos fixar entón é o inicio dun proceso gradual que, en palabras do profesor Eiras Roel, "se formaliza en 1494 con la regulación del tribunal según los procedimientos ordinarios del Derecho de la época y se reconoce oficialmente como Audiencia Real hacia 1514". Conformada como tal a principios do século XVI, a Real Audiencia irá perfilando a súa estrutura orgánica e competencias como tribunal de xustiza e órgano de goberno do Reino por sucesivas ordenanzas (impresas por primeira vez en 1679, na Coruña, na imprenta de Antonio Frayz). Nesta época está presidida por un gobernador-capitán xeneral e organízase en dúas salas, con competencia en asuntos civís e criminais. Cada unha delas conta con 4 alcaldes maiores e ten asignadas dúas escribanías de asento (a Sala Primeira, Gómez e Pillado; a Segunda, Fariña e Figueroa). En outubro de 1760 créase a Sala do Criminal e dótase de 3 alcaldes maiores e dúas escribanías (Taboada e Valado) Entre 1566 e 1587 o gobernador é substituído por un rexente. Suprimida esta figura na última data indicada, restitúese no ano 1726, pero esta vez para coexistir coa de gobernador. Gobernador /rexente e alcaldes maiores conformaban o Real Acordo, o órgano de Goberno da Audiencia. Como noutros tribunais do Antigo Réxime, funcionaban anexos á Real Audiencia pequenos xulgados. Entre eles hoxe coñecemos, pola documentación conservada, o Xulgado de Provincia e o Xulgado da Protectoría do Voto do Apóstolo Santiago. Como tribunal real con xurisdición en todo o territorio de Galicia, as competencias da Real Audiencia incluían o coñecemento en 1ª instancia no termo da súa residencia e en cinco leguas á redonda (que serán 8 a partir da creación do Xulgado de Provincia en 1760) así coma nos casos de Corte. En apelación, a Audiencia coñecía das de todos os procesos civís, criminais e de goberno das xustizas do reino e das sentenzas ditadas polos seus xuíces no espazo das cinco leguas. As sentenzas da Real Audiencia eran apelables perante a Chancelería de Valladolid. Nos preitos civís, o límite, fixado inicialmente en 10 000 marabedís, elévase progresivamente, ata acadar 1 000 ducados de ouro en 1580. No criminal, aínda que nun principio podía apelarse das sentenzas de mutilación de membros ou desterro de dez anos en diante, finalmente restrinxiuse a apelación aos casos de pena de morte. Contaba ademais a Audiencia de Galicia, a través do Real Acordo, con amplas facultades en materia gobernativa en todo o Reino. O Decreto de 26 de xaneiro de 1834 —que crea novas audiencias, establece cadanseu territorio e sinala a igualdade en autoridade e facultades de todas elas— inaugura un proceso de mudanza radical do réxime xurídico destes tribunais en consonancia co resto das normas que por estes anos contribuíron a liquidar o Antigo Réxime. En consecuencia, téndese a fixar tradicionalmente nesta data o fin da existencia da antiga Real Audiencia de Galicia.
Historia archivística
Ata o ano 1775, cando se crea o que constituíu o núcleo fundador do Arquivo do Reino de Galicia, o fondo documental da Real Audiencia custodiouse en diferentes lugares. Así, sobre cada escribanía de asento recaía a responsabilidade inicial da custodia das series documentais produto das súas actividades, mentres que por diversos testemuños sabemos que xa en datas temperás existía un local, que funcionaría como arquivo central do organismo, no convento de Santo Domingo da Coruña, onde sufriría os efectos da ocupación e queima do edificio por parte do exército inglés durante o sitio de 1589. Noutros momentos, o fondo documental —ou fraccións del— gardouse en diferentes institucións coruñesas, como o Convento de San Francisco, o Hospital do Bo Suceso e mesmo nas propias casas dos escribáns. Nuns e noutros locais, as condicións de conservación non eran sempre as máis axeitadas, tal e como evidencian certos testemuños que se refiren a algún deles como "bódega húmeda y mal acondicionada”.
Alcance e conteúdo
En relación co desenvolvemento da función xudicial da Audiencia, atopamos no fondo dúas grandes series documentais: preitos civís e causas criminais. Outras series identificadas son as de expedientes de apeos, expedientes de visitas de escribáns, executorias, pedimentos, protocolos notariais e sentenzas. Hai outras series características tamén da súa función xudicial, ou que están a cabalo entre esa e a de goberno. En moitos casos son o resultado da execución de procedementos concretos propios deste tribunal e están a ser identificadas como tales. Así: autos ordinarios, expedientes de provisións ordinarias, expedientes de vía de forza, simples querelas, demandas de graciosa ou preitos de misión en posesión de bens de vínculo e morgado. Forman seccións á parte os documentos procedentes do Xulgado de Provincia e do Xulgado da Protectoría do Voto do Apóstolo Santiago. Dado o carácter e as competencias da institución que o xerou, o fondo reúne información sobre un amplísimo abano de aspectos da vida en Galicia durante o Antigo Réxime.
Tipología documental:
Pleito
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Acceso libre. Consulta limitada para aqueles documentos que se achen en mal estado de conservación
Condiciones de reproducción
Condiciones de reproducción:
A reprodución da documentación deste fondo está suxeita ás seguintes disposicións: o Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia; a Orde do 31 de agosto de 2010, pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia.
Características físicas
Descripción del estado de conservación:
Unha parte do fondo áchase en mal estado debido ás pésimas condicións de instalación que durante séculos sufriron os documentos.
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: No existen copias
Notas
Nota general
1. Volume do fondo: Debe terse en conta que os fondos da Real Audiencia de Galicia e da Audiencia Territorial da Coruña permanecen fisicamente unidos
2. Historia institucional: Recompilacións legais e tratados de dereito: - AUTOS Acordados antiguos y modernos del Consejo que salen a la luz distribuidos en dos partes, siendo su gobernador el excmo. Señor D. Luis Félix de Mirabal y Espínola. Madrid: Juan de Aritzia, 1727 - COLECCIÓN de todas las Pragmáticas, Cédulas, Provisiones, Circulares, Autos Acordados, Vandos y otras providencias publicadas en el actual reinado del señor D. Carlos IV. Madrid: Vda. E hijo de Marín, T.I. 1794; T. II, 1797; T.III, 1801 - Curia forense y eclesiástica: maneras de sustanziar pleitos ordinarios y sumarios en la Real Audiencia de Galicia. S.l., s.a., Ms. 147 da Biblioteca Xeral da Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela - HERBELLA DE PUGA, Bernardo. Derecho práctico i estilos de la Real Audiencia de Galicia. En Santiago: En la Imprenta de Ignacio Aguayo, año de 1768 2ª ed. Anotada, Santiago: Imprenta de la viuda e hijos de Compañel, 1844 3ª ed.: La Coruña: Colegio Provincial de Abogados; La Voz de Galicia, 1975 - NOVÍSIMA Recopilación de las Leyes de España. Madrid: Imprenta de la Publicidad, a cargo de D.M. Rivadeneira, 1850 - ORDENANZAS de la Real Audiencia del Reyno de Galicia. Impresas en la ciudad de La Coruña: Por Antonio Frayz, año de 1679 Ed. Facs.- La Coruña: Banco Central, 1974 - PAZ DE QUIÑONES, Álvaro. Pro Decreto Ordinario Gallego: Vulgo Auto Ordinario: Allegatio iuris. Santiago, 1608 - RECOPILACIÓN de las leyes destos reynos hecha por mandado de la Magestad Católica del Rey don Felipe Segundo, nuestro señor que se ha mandado imprimir : con las leyes que después de la última impresión se han publicado, por la Magestad Católica del Rey don Felipe Quarto el Grande, nuestro Señor. [5ª ed.]. Madrid : Catalina de Barrio y Angulo y Diego Díaz de la Carrera, 1640. (Existen 10 edicións entre 1569 e 1777) - SÁNCHEZ, Santos. Extracto puntual de todas las Pragmáticas, Cédulas, Provisiones y Autos Acordados publicados y expedidos por regla general en el reinado del señor Carlos III. Madrid: Vda. e hijo de Marín, 1792-1993, 3 vols. - SANTAYANA Y BUSTILLO, Lorenzo de. Los Magistrados y Tribunales de España. Su origen, instituto y jurisdicción, conocimiento, y Gobierno. Zaragoza: Joseph Fort, 1751, 2 vols. - VILLADIEGO Y VASCUÑADA, Alonso de. Instrucción política y práctica judicial conforme al estilo de los Consejos, Audiencias y Tribunales de Corte y otros ordinarios del Reyno. Madrid: Melchor Sánchez, 1656 3. Bibliografía: Dado o carácter desta publicación, pareceunos conveniente cinguir unicamente a recompilación bibliográfica a este aspecto, pospoñendo a presentación dunha relación máis exhaustiva para unha futura edición da Guía do Arquivo.